Habilidades sociais
Obradoiro de Formación en Habilidades Sociais para profesionais do ámbito educativo, asociativo e tempo de lecer
Os vindeiros días 3 e 4 de Febreiro terá lugar na sede da Asociación Chísem o Obradoiro de Formación en Habilidades Sociais para profesionais do ámbito educativo, asociativo e tempo de lecer, curso que terá unha duración total de 12h.
Formación para Profesorado sobre Acoso Escolar
A semana do 21 ao 25 de Novembro, Cruz Vermella, organiza en Pontevedra dentro das súas actividades a "Formación para profesorado sobre Acoso Escolar". A Asociación Chísem encargarase de impartir dous dos Obradoiros dos que consta a actividade:
Obradoiro de Formación "Como elaborar un Programa de Adestramento en Habilidades Sociais"
Dentro das Xornadas organizadas polo Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia "Habilidades Sociais para mellorar a Convivencia", que tiveron lugar o 28 e o 29 de octubro, a Asociación Chísem levará a cabo un dos obradoiros programados: "Como Elaborar un Programa de Adestramento en Habilidades Sociais para o Ámbito Educativo", que terá lugar o sábado pola tarde, de 16:00 a 20:00 h.
Programa de Habilidades para a Vida para alumnado de 6º de Primaria
Levarase a cabo durante este trimestre co alumnado de 6º de primaria do CPI Santa Lucía (Concello de Moraña) e no CPI Aurelio Marcelino Rey García (Concello de Cuntis), e é unha continuación do obradoiro realizado no mesmo centro e cos mesmos alumnos en 5º de Primaria.
