Mediación
CURSO DE MEDIACIÓN ESCOLAR PARA PROFESORES/AS DE ESO
Continuando coa organización de cursos específicos para profesorado, o vindeiro mes de Maio, terá lugar na sede da Asociación Chísem unha nova formación: "CURSO DE MEDIACIÓN ESCOLAR PARA PROFESORES/AS" homologada pola Consellería de Educación.
Formación en Mediación para o alumnado do IES Isidro Parga Pondal
Próximamente a Asociación Chísem, colaborará na formación dos alumnos/as mediadores do IES Isidro Parga Pondal de Carballo, dentro da formación en mediación que se levará a cabo no citado centro educativo. Asistirán arredor de 30 alumnos/as que se están iniciando no eido da mediación escolar.
Formación en Casos Prácticos de Mediación Escolar
Un ano máis, o IES Fin do Camiño aposta pola formación do Equipo de Mediación e conta coa nosa colaboración para profundizar e desenvolver as habilidades e técnicas traballadas nas formacións previas, así como mellorar as habilidades de mediación do alumnado mediador.
