Resolución de conflitos

CURSO DE FORMACIÓN DO PROFESORADO EN HABILIDADES SOCIAIS PARA A VIDA E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS NO ÁMBITO EDUCATIVO

O vindeiro mes de Abril, terá lugar na sede da Asociación Chísem unha formación específica para profesorado: "CURSO DE FORMACIÓN DO PROFESORADO EN HABILIDADES SOCIAIS PARA A VIDA E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS NO ÁMBITO EDUCATIVO". Formación homologada pola Consellería de Educación.

Formación en Mediación para o alumnado do IES Isidro Parga Pondal

Próximamente a Asociación Chísem, colaborará na formación dos alumnos/as mediadores do IES Isidro Parga Pondal de Carballo, dentro da formación en mediación que se levará a cabo no citado centro educativo. Asistirán arredor de 30 alumnos/as que se están iniciando no eido da mediación escolar.

Formación para Profesorado sobre Acoso Escolar

A semana do 21 ao 25 de Novembro, Cruz Vermella, organiza en Pontevedra dentro das súas actividades a "Formación para profesorado sobre Acoso Escolar". A Asociación Chísem encargarase de impartir dous dos Obradoiros dos que consta a actividade:

Formación para Profesorado sobre Intelixencia Emocional e Habilidades Sociais

Do 14 ao 17 de Novembro, Cruz Vermella organiza en Vigo dentro das súas actividades a "Formación para profesorado sobre Intelixencia Emocional e Habilidades Sociais". A Asociación Chísem encargarase de impartir dous dos obradoiros dos que consta a actividade: "Obradoiro de Intelixencia Emocional e Habilidades Sociais", os días 14 e 15.

KARAKANA FACTORÍA TIC S.L. - Diseño web - Vigo