Formación de profesionais do ámbito social
Obradoiro de Formación en Habilidades Sociais para profesionais do ámbito educativo, asociativo e tempo de lecer
Os vindeiros días 3 e 4 de Febreiro terá lugar na sede da Asociación Chísem o Obradoiro de Formación en Habilidades Sociais para profesionais do ámbito educativo, asociativo e tempo de lecer, curso que terá unha duración total de 12h.
Xornadas Formativas en Prevención de Drogodependencias
Durante os días 15 e 16 de Decembro tiveron lugar as "Xornadas Formativas en Prevención de Drogodependencias", organizadas polo Consello da Xuventude de Galicia na sede da EGAP en Santiago de Compostela. A Asociación Chísem encargouse de impartir esta actividade, sendo os obxectivos destas xornadas:
Formación para Profesorado sobre Acoso Escolar
A semana do 21 ao 25 de Novembro, Cruz Vermella, organiza en Pontevedra dentro das súas actividades a "Formación para profesorado sobre Acoso Escolar". A Asociación Chísem encargarase de impartir dous dos Obradoiros dos que consta a actividade:
Formación para Profesorado sobre Intelixencia Emocional e Habilidades Sociais
Do 14 ao 17 de Novembro, Cruz Vermella organiza en Vigo dentro das súas actividades a "Formación para profesorado sobre Intelixencia Emocional e Habilidades Sociais". A Asociación Chísem encargarase de impartir dous dos obradoiros dos que consta a actividade: "Obradoiro de Intelixencia Emocional e Habilidades Sociais", os días 14 e 15.
Obradoiro de Formación "Como elaborar un Programa de Adestramento en Habilidades Sociais"
Dentro das Xornadas organizadas polo Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia "Habilidades Sociais para mellorar a Convivencia", que tiveron lugar o 28 e o 29 de octubro, a Asociación Chísem levará a cabo un dos obradoiros programados: "Como Elaborar un Programa de Adestramento en Habilidades Sociais para o Ámbito Educativo", que terá lugar o sábado pola tarde, de 16:00 a 20:00 h.
