Formación en Casos Prácticos de Mediación Escolar
Un ano máis, o IES Fin do Camiño aposta pola formación do Equipo de Mediación e conta coa nosa colaboración para profundizar e desenvolver as habilidades e técnicas traballadas nas formacións previas, así como mellorar as habilidades de mediación do alumnado mediador.
Deste modo, o pasado 11 de outubro tivo lugar a formación en casos prácticos de Mediación Escolar, á que asistiron 8 dos alumnos/as do equipo, xunto con Javier, o seu coordinador.
Se queres coñecer máis sobre as actividades que o Equipo de Mediación está levando a cabo no centro, consulta o enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/iesfindocamino/category/13/57
