Investigación Sociolóxica: Avós e avoas... para todo

Avoas e avós coidadores

Na actualidade, cada vez son máis os avós e avoas que se encargan do coidado dos netos/as, debido a que en moitas familias traballan fóra da casa o pai e máis a nai. En moitas ocasións, afrontar o rol de avó coidador supón unha carga de estrés e ansiedade, xa que cando exercen de “substitutos” dos pais/nais, non sempre saben como actuar ante determinadas situacións: resolver conflitos, previr comportamentos de risco ou educar aos netos na infancia e adolescencia... Tarefas, ás máis dasveces, complicadas.

En Chísem interésanos esta problemática, polo que levamos a cabo un programa específico para avoas e avós coidadores. A través desta actuación preténdese apoiar as avoas e os avós na súa función educativa e coidadora, proporcionando e reforzando as habilidades e estratexias necesarias para levar a cabo dita función, así como potenciar a cohesión familiar para mellorar a súa relación cos fillos/as e netos/as.

En resumo, este obradoiro pretende crear un espazo de formación e intercambio de experiencias dirixido a persoas maiores que coidan dos seus netos e netas.

Recentemente a FAD e a Obra Social Caja Madrid, acaban de publicar unha interesante investigación sociolóxica sobre as percepcións que teñen os avós e as avoas da educación e coidado dos netos/as.

Neste estudo, destácase a dobre sensación que teñen os avós e as avoas. Por unha banda, a satisfacción que lles produce pasar tempo cos seus netos/as e, por outra, a enorme responsabilidade que leva consigo esta tarefa.

Poden ampliar información sobre esta investigación e os seus resultados premendo na seguinte ligazón:

http://www.obrasocialcajamadrid.es/os_cruce/0,0,98428_415210_98576$P1%3D823,00.html

 

 

KARAKANA FACTORÍA TIC S.L. - Diseño web - Vigo