Obradoiro de Formación en Habilidades Sociais para profesionais do ámbito educativo, asociativo e tempo de lecer

Os vindeiros días 3 e 4 de Febreiro terá lugar na sede da Asociación Chísem o Obradoiro de Formación en Habilidades Sociais para profesionais do ámbito educativo, asociativo e tempo de lecer, curso que terá unha duración total de 12h.

A formación en Habilidades Sociais (HHSS) faise imprescindible na sociedade actual. “Ter HHSS” facilita o mantemento de relacións sociais satisfactorias e o éxito nas tarefas acometidas. Ademais, funcionan tamén como factores de protección ante os problemas sociais de hoxe en día como poden ser a violencia, o consumo de drogas ou a exclusión social, entre outras.

A evidencia científica pon de manifesto que a conduta interpersoal  apréndese e desenvólvese, polo que se pode ensinar e modificar a través de programas de adestramento en HHSS. Polo tanto, empregando estratexias de intervención axeitadas e adaptadas ás características dos destinatarios/as, posibilítase que os rapaces e rapazas adquiran e practiquen unha serie de condutas e competencias sociais que acompañarán o desenvolvemento posterior do individuo.

DESTINATARIOS/AS

Psicólogos/as, pedagogos/as, educadores/as, profesores/as, monitores/as de tempo libre e/ou todas aquelas persoas que traballen no eido da educación, xa sexa formal ou informal, con nenos/as ou adolescentes.

OBXECTIVOS

  1. Fomentar o emprego de HHSS como factor positivo no desenvolvemento das persoas.
  2. Adquirir ferramentas útiles para desenvolver de forma satisfactoria as HHSS no colectivo en que se traballe.
  3. Deseñar e realizar actividades efectivas para o traballo en HHSS.
  4. Mellorar as nosas técnicas e habilidades como educador/a; manexo de grupo, comunicación…

CONTIDOS

BLOQUE I.

  • Introdución ás HHSS.
  • HHSS e intelixencia emocional.
  • Tipos de HHSS.

BLOQUE II

  • A asertividade como modelo de comportamento.
  • A comunicación.
  • A empatía.
  • A resolución de conflitos.

BLOQUE III

  • Tipos de actividades para traballar as HHSS.
  • Manexo de grupo.
  • Técnicas de comunicación eficaz.

 

METODOLOXÍA

Emprégase unha metodoloxía activa e participativa a través da implicación dos asistentes/as na dinámica de cada sesión. Pártese das apartacións, experiencias e intereses dos/das participantes para o desenvolvemento dos contidos, adaptándose estes últimos con flexibilidade ás necesidades e coñecementos do grupo.

Exposición teórica do contido, combinada cunha metodoloxía interactiva potenciada a través do traballo grupal. Favorecerase unha dinámica vivencial e experiencial.

DATAS

Venres 3 de febreiro de 16:30 a 20:30

         Sábado 4 de febreiro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

DURACIÓN TOTAL

12 horas

LUGAR

Sede da Asociación Chísem. Polígono da Picaraña, sector A, rúa 1, número 10, of. 1.

NÚMERO DE PRAZAS

Grupo máximo de 20 persoas. Na admisión respectarase rigorosamente a orde de entrada das inscripcións.

INSCRICIÓN

No enlace que aparece ao pé desta páxina

Data límite de inscrición, 30 de Xaneiro.

Prezo: 40 €

En canto se peche o grupo ou finalice o prazo de inscripción porémonos  en contacto cos admitidos/as para que fagan efectivo o pago do curso .

Forma de pago por medio de Transferencia Bancaria ou Ingreso en efectivo a nome da Asociación Chísem. Prevención e Intervención Psicolóxica, no Nº de Conta: 2080 0300 84 3040138076 (Novagalicia Banco). O xustificante do pago será remitido á Asociación Chísem via Fax ou mail.

Ao día seguinte da finalización da inscrición publicarase na páxina da Asociación Chísem a lista de admitidos/as e de suplentes.

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

 

 

KARAKANA FACTORÍA TIC S.L. - Diseño web - Vigo