A quen lle interesa Chísem
O noso traballo vai dirixido a todas as persoas ou entidades que aposten por unha formación e intervención de calidade, profesional e innovadora; xa sexa Administración Pública (concellos, centros educativos, CFR), Entidades Privadas ou Terceiro Sector (asociacións e agrupacións).
Desde a Asociación Chísem apostamos por unha participación activa e pola implicación de todas as persoas coas que traballamos para conseguir os mellores resultados. Por iso, deseñamos os nosos Programas de Intervención tendo en conta as características concretas da poboación á que van destinados e adaptamos obxectivos, contidos, e actividades para que se adecúen ás necesidades específicas dos destinatarios, sempre en coordinación cos axentes sociais ou outros organismos implicados.
Centros escolares
CEIP, IES, Centros de Formación Profesional, Centros de Educación Especial, e todas aquelas institucións ás que lles interese poñer en marcha algún tipo de programa de prevención psicolóxica, tanto con nenos/as, adolescentes, profesionais da educación, así como cos pais e nais a través das ANPAS.
Concellos
Servicios Sociais (muller, terceira idade, persoas en risco de exclusión social...), Plans de Drogas, Servizos de Atención Familiar, Benestar Social, Educación, etc.
profesionais do ámbito social
Psicólogos/as, pedagogos/as, educadores/as sociais, traballadores/as sociais... e todas aquelas persoas que traballen ou se queiran seguir formando neste ámbito.
Asociacións
Todas as Asociacións que traballen con persoas e que estean interesadas na formación, prevención e intervención psicolóxica (asociacións que traballan con colectivos especiais, asociacións de veciños, asociacións xuvenís...).
oUtros colectivos
Centros de Menores, Reeducación e todos aqueles colectivos aos que lles interese a prevención e a formación, tanto a nivel de usuarios como a nivel profesional (asesorías técnicas etc.)
EMPRESAS
Levamos a cabo o deseño e a implantación de accións formativas para traballadores e empresas que estarán orientadas principalmente a favorecer o trato ao público e as relacións do equipo de traballo, así como a xestión de calquera tipo de formación que se demande.
Ponte en contacto connosco. Realizaremos unha proposta formativa e orzamento sen compromiso.
Adaptámonos ás túas necesidades.
