Ámbito educativo

As actitudes e as habilidades adquírense dende idades moi temperás, por iso é importante intervir xa nesta etapa.
Todas as actividades formativas que ofertamos son de carácter preventivo e están orientadas a reforzar aspectos que consideramos básicos para o desenvolvemento integral do alumnado.
Un dos puntos fortes dos nosos programas educativos é a metodoloxía empregada. Todas as nosas actividades son de carácter participativo, potenciando o intercambio de opinións e a interacción do grupo como factor de aprendizaxe e parten das experiencias do propio alumnado. Ademais, durante as actividades, mantemos un diálogo constante e fluído co equipo psicopedagóxico do centro e cos titores/as do grupo.
Seguindo a liña anterior, entendemos a docencia como un traballo no que o profesor/a debe estar actualizado en todo momento para poder responder ás novas necesidades do alumnado. É por isto polo que tamén ofertamos cursos e programas para o profesado orientados a facilitar o seu labor educativo.
Os programas e obradoiros que ofertamos son:
- Programa de Habilidades Sociais para alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria: "Paso a Paso"
- Programa de Resolución de Conflitos e Mediación Escolar.
- Programa de Habilidades Sociais para alumnos/as de ESO: "A-SER-TI-(V@)"
- Programa de prevención de drogodependencias en ESO: "Controlas (ou te controlan)?"
- Obradoiro de sexualidade para alumnos/as de ESO: "Seguridade Sexual".
- Obradoiros de Uso Responsable de Videoxogos, Internet e Televisión.
- Obradoiro de Técnicas de Estudo.
- Obradoiro de Alumnos Axudantes.
- Programa de Prevención da Violencia de Xénero.
Se queres ampliar información sobre algún destes programas ou tes algunha demanda formativa que non estea recollida anteriormente contacta con nós.
