Chísem

A Asociación Chísem é unha entidade sen ánimo de lucro que nace como tal no ano 2001 cando un grupo de profesionais, concienciados coa importancia da prevención, sobre todo no eido das drogodependencias,  comeza a desenvolver programas destinados tanto á comunidade educativa como a outros colectivos.  Debido á calidade e á efectividade destes programas, as nosas intervencións diversifícanse e esténdense por toda Galicia.

Despois de dez anos, en Chísem seguimos crendo nas persoas e nas súas potencialidades e é por isto polo que levamos máis dunha década dedicándonos á prevención e á intervención psicolóxica. Estamos convencidos da importancia e da efectividade dos programas de prevención, polo que xuntamos esforzos e experiencia para levalos a cabo con éxito, apostando dempre pola creatividade e pola innovación.

 

KARAKANA FACTORÍA TIC S.L. - Diseño web - Vigo