Colectivos especiais

As persoas con discapacidade ou enfermidade mental atopan importantes barreiras impostas pola sociedade, barreiras que en moitos casos son asumidas por eles mesmos, polas que poden chegar a deixar de facer cousas efectivas para a súa completa integración.

Dende Chísem, apostamos polo desenvolvemento completo das persoas con discapacidade ou enfermidade mental, pola sua integración e pola igualdade de oportunidades. Cremos no desenvolvemento das súas propias capacidades,  co que se fomenta unha maior calidade de vida e un mellor gozo das súas relaciones sociais.

A formación que ofertamos está dirixida tanto a persoas con discapacidade física e intelectual ou enfermidade mental, como ás súas familias e aos profesionais que desenvolven o seu labor neste eido.

Estas son algunhas das intervencións que realizamos nesta área:

  • Obradoiro de prevención de condutas de risco e abusos.
  • Obradoiro de Sexualidade para usuarios/as, familias e profesionais.
  • Obradoiro de Habilidades Sociais e Comunicación para persoas con discapacidade.
  • Obradoiro de Habilidades Sociais e Comunicación para profesionais de centros que traballan con persoas con discapacidade.
  • Obradoiro de Motivación para o Emprego.
  • Obradoiro de Habilidades Prelaborais.
  • Obradoiro de Busca de Emprego.
  • Obradoiro de fomento da autonomía.
KARAKANA FACTORÍA TIC S.L. - Diseño web - Vigo