Pais e nais

A tarefa de educar como pais é unha das máis apaixonantes polas que pode pasar un ser humano, pero tamén é unha das que maior responsabilidade e coñecemento esixe. É habitual escoitar entre os pais e nais que ser pai non se aprende en ningún sitio e que os fillos/as non veñen cun manual de instrucións debaixo do brazo .

Dende a Asociación Chísem, queremos colaborar nesta complicada aventura. Por iso, os nosos Programas están deseñados para axudar a resolver os problemas con que un pai ou nai se pode atopar no proceso educativo dos seus fillos ou fillas nas distintas etapas do seu desenvolvemento. Os cursos que ofrecemos buscan ser un  espazo de aprendizaxe, onde o intercambio de experiencias e a reflexión colectiva se converten en ferramentas que permiten mellorar os recursos educativos dos pais.

A seguir, destacamos algúns dos cursos e programas que levamos a cabo:

  • Obradoiro de comunicación e resolución de conflitos con fillos/as adolescentes.
  • Mellorar a comunicación cos fillos.
  • Obradoiro de técnicas educativas: Pon os Límites!
  • Avoas e avós coidadores.
  • Escolas de pais/nais.
  • Obradoiro de Prevención de drogodependencias.
  • Obradoiro de sexualidade.

 

KARAKANA FACTORÍA TIC S.L. - Diseño web - Vigo