Quen somos

A Asociación Chísem é unha entidade sen ánimo de lucro formada por un grupo de profesionais, na súa maior parte psicólogos e psicólogas, con ampla experiencia e formación na elaboración, xestión e dinamización de proxectos socioeducativos.

Na nosa actuación, contamos con profesionais cualificados no eido da prevención e intervención psicolóxica con nenos/as, adolescentes, profesores/as, orientadores/as, pais e nais e profesionais do ámbito social (psicólogos, orientadores, educadores...).

OS NOSOS OBXECTIVOS

  • Desenvolver accións formativas promovendo as capacidades de persoas e grupos.
  • Implantar programas educativos e preventivos destinados aos profesionais do ámbito socioeducativo, á poboación escolarizada e ás súas familias.
  • Levar a cabo programas e intervencións con persoas en situación de risco de exclusión social e colectivos desfavorecidos, así como coas súas familias e cos profesionais que traballan neste eido.
  • Desenvolver e impartir programas e cursos de formación para profesionais do ámbito social.
  • Asesoramento e intervención psicolóxica.
  • Educar para a saúde.
  • Promover a formación en todas estas áreas e colaborar con entidades dedicadas ao mesmo tipo de actividades.
  • Xestionar e levar a cabo a formación para as empresas.

 

KARAKANA FACTORÍA TIC S.L. - Diseño web - Vigo